|
Benvidos. Nesta web poderedes encontrar as últimas novas do Estruguño e algunhas receitas para que me poidades degustar.
¡BO PROVEITO! |
CONTACTO
martinalvarezgonzalez@yahoo.es
Para contactar telefónicamente con la asociación,
desde fuera de España, marcar el siguiente número:
00 34 661926549
Para contactar con la asocicion, telefónicamente,
desde territorio español marcar el siguiente número:
661926549
|
O rincón da estruga - Receitas e novas do "Estruguiño". O mundo do "Estruguiño". Asociación da estruga . Estrugas - ortigas. Ourense. Galicia.
45 recetas con ortigas, premio Gourmand á mellor monografía publicada en castelán en 2006
O libro 45 recetas con ortigas do chef ourensán Martín Álvarez, publicado por Alvarellos Editora, acaba de ser recoñecido cun premio Gourmannd, o equivalente aos “Óscar” dos mellores libros de cociña do mundo. A obra resultou premiada na categoría Best Single Subject Book en castelán na edición do 2006, é dicir, o mellor monográfico culinario editado este ano en España. Agora competirá a nivel mundial contra os gañadores na mesma categoría noutras linguas, na fase final do concurso que se celebrará en Beijing, China, o 6 de abril de 2007.
Os Premios Mundiais de Libros de Cociña/Gourmand fundáronse en 1995. Neles contémplanse diferentes categorías segundo a temática dos libros e tamén a lingua de edición. O obxectivo dos Gourmand é, segundo os organizadores, “honrar a aqueles que cociñan coa palabra”. Na presente edición de 2006 presentáronse máis de 5.000 obras de sesenta países diferentes.
O xurado dos Gourmand 2006, integrado por un selecto elenco de expertos gastrónomos e profesionais do sector do libro de todo o mundo, destacou en 45 recetas con ortigas o feito de ser unha obra monográfica, moi orixinal e cunha coidada edición.
Este receitario é o primeiro que se publica en España e Portugal coas ortigas como argumento gastronómico e con el Alvarellos Editora abriu a súa nova colección “A lume lento”. Na primavera, 45 recetas con ortigas publicarase nunha edición especial destinada ao mercado francés.
Warning: Division by zero in /var/www/vhosts/estrugas.org/httpdocs/noticias/inc/functions.inc.php on line 469
Warning: Division by zero in /var/www/vhosts/estrugas.org/httpdocs/noticias/inc/functions.inc.php on line 469
Warning: Division by zero in /var/www/vhosts/estrugas.org/httpdocs/noticias/inc/functions.inc.php on line 469
Warning: Division by zero in /var/www/vhosts/estrugas.org/httpdocs/noticias/inc/functions.inc.php on line 469
Warning: Division by zero in /var/www/vhosts/estrugas.org/httpdocs/noticias/inc/functions.inc.php on line 469
Warning: Division by zero in /var/www/vhosts/estrugas.org/httpdocs/noticias/inc/functions.inc.php on line 469
Warning: Division by zero in /var/www/vhosts/estrugas.org/httpdocs/noticias/inc/functions.inc.php on line 469
Warning: Division by zero in /var/www/vhosts/estrugas.org/httpdocs/noticias/inc/functions.inc.php on line 469

martinalvarezgonzalez@yahoo.es
661926549
Para contactar telefónicamente con la asociación,
desde fuera de España, marcar el siguiente número:
00 34 661926549
Para contactar con la asocicion, telefónicamente,
desde territorio español marcar el siguiente número:
661926549
www.estrugas.org |
|